En Candil Grupo, dedicámonos á xestión integral inmobiliaria desenvolvendo todos os campos da xestión inmobiliaria como son, xestión técnica, xestión económico-contable, xestión administrativa, xestión xurídico-mercantil, xestión comercial e as nosas funcións abranguen todas as súas fases de desenvolvemento: Estudo de viabilidade, negociación dos terreos, redacción do proxecto, contratación, contabilidade e administración, liquidacións fiscais, xestións financeiras, vendas, etc.
Nos últimos anos, o mundo inmobiliario converteuse nun dos protagonistas das nosas vidas. E non precisamente como o reflexo da ilusión que todos depositamos na adquisición dunha vivenda, local comercial, etc., senón como unha carreira de obstáculos, na que as barreiras, a desinformación e o medo son os auténticos protagonistas.
Ante esta situación, dende a nosa compañía Candil grupo, queremos traballar para que todos volvamos recuperar a ilusión e que a compra se poida emprender coa tranquilidade e a seguridade dunha gran marca.
Sólidos valores como integridade, profesionalidade, coñecemento do mercado, formación continua, e o máis alto grao de calidade no servizo son a nosa tradición, norma e práctica habitual.
O cliente é noso maior activo, por iso dedicamos a nosa atención a satisfacer todas as súas demandas e necesidades e a achegar as solucións específicas que precise. En suma, seriedade e organización unidas a un trato personalizado para cada un dos nosos clientes.
Unha aposta decidida pola calidade en todas as fases da construción e o compromiso do noso persoal, permítennos ofrecer a máxima calidade a un xusto prezo e un respecto estrito dos prazos e condicións ofertadas.